Friday 26 de April de 2024

Un grupo de veciños e veciñas de Touro visitan Vilanova de Cerveira e Valença do Minho


Veciños e veciñas de Touro visitaron o pasado sábado, 11 de xuño, Vilanova de Cerveira e Valença do Minho, localidades de Portugal. O Concello de Touro organizou a excursión, na que participaron un grupo de veciños e veciñas. Desfrutaron dun fermoso día de sol. En Vilanova de Cerveira poideron facer compras na famosa feira ubicada no centro da localidade e á beira do río Miño. Despois de comer, trasladáronse ata Valença do Minho e a sáa fortaleza. O Concello de Touro ofreceu, sin coste para os excursionistas, o autocar e un seguro individual para cada asistente.